Realización de vídeo en directo

Realización de vídeo en directo para eventos e concertos, con 26 anos de experiencia e a tecnoloxía máis avanzada.

Leva o teu evento ao seguinte nivel co noso equipo

Especialistas en realización de vídeo en directo

Somos unha empresa especializada na realización de vídeo en directo para eventos e concertos, con 26 anos de experiencia no sector audiovisual. Traballamos tanto en contornos técnicos como artísticos, con realización multicámara, dron en directo e unidade móbil propia para garantir emisións profesionais e de alta calidade.

Os nosos servizos

Realizamos vídeo en directo para todo tipo de eventos, adaptándonos tanto a contornos técnicos como a contornos artísticos. Unha mesma metodoloxía, un mesmo equipo e unha mesma esixencia de calidade, aplicada a realidades moi diferentes.

Traballamos tanto en contornos técnicos como en contornos artísticos.

LIVE / TECH

Realización en directo para contornos técnicos e profesionais

Servizos de produción audiovisual en directo orientados a eventos onde a fiabilidade, a claridade da información e a coordinación técnica son clave.

LIVE / ART

Realización en directo para contornos artísticos e culturais

Produción audiovisual pensada para captar a esencia do espectáculo, acompañar o ritmo creativo e transmitir a emoción do directo ao público.

O teu evento merece verse en grande

¿Queres que o teu concerto ou evento se viva con intensidade e calidade profesional? Confía na nosa experiencia en realización de vídeo en directo e transforma cada momento nunha experiencia inolvidable.